Páxinas

TEACCH


TEACCH é un sistema de traballo pensado para o alumando con Trastorno do Espectro Autista (TEA) e que consiste na realización de actividades de aprendizaxe seguindo esquemas estruturados, sistemáticos e visuais para que o alumnado con TEA ou outras características similares podan aprender de maneira autónoma ou a través do modelado. Neste tipo de actividades, as tarefas se presentan sempre de esquerda a dereita e de forma moi intuitiva. Aquí tedes algunhas actividades tipo TEACCH que poden resultar de utilidade non só para alumnado con TEA, senón tamén con TEL (Trastorno Específico da Linguaxe), discapacidade intelectual ou alumnado de Educación Infantil, entre outros. Se vos interesa o tema, tedes máis información pulsando aquí.




Ningún comentario:

Publicar un comentario